Partitio terrarum imperii Romaniae

A división do Imperio Bizantino tras a cuarta Cruzada.

A Partitio terrarum imperii Romaniae (en galego, "partición das terras do imperio romano [bizantino]") foi un tratado asinado despois do saqueo da capital bizantina, Constantinopla, pola Cuarta Cruzada en 1204. Estableceuse o Imperio latino e dispúxose a partición do territorio bizantino entre os participantes da cruzada, coa República de Venecia sendo a gran beneficiada.


Developed by StudentB